Blogia
Andresadas

Teach me, non sei ligar

Teach me, non sei ligar Noites abertas programa unha série de talleres de autoaxuda para aqueles xovenes que teñen dificultades para relacionarse . Aínda que cada dia semelle que os seres humanos estamos máis unidos, a falta de contacto humano, e do falar de cara a cara provoca que cada vez caiamos mais na ausencia de tacto para tratar a outras persoas. Ás veces as novas tecnoloxias e medios de comunicación, non fan que estexamos, senón, mais incomunicados. Mónica Couso, unha das monitoras da Asociación Inzar, cre que a situación chegou ao extremo de pensar que, algúns xovenes, logran desinhibirse e lograr ligar coa axuda do Señor J&B ou de outro tipo de drogas (cannabis, pastillas, cocaína, crack, heroína, cogumelos alucinóxenos... todo o que se vos veña á mente).

Estes talleres que se imparten na praza da Ferrería da cidade de Pontevedra serven para disipar aos xovenes todas as dúbidas que non se atraven a preguntar á xente que teñen máis preto. Inzar planea ademáis, coa axuda de outros sexólogos e mesmo dunha masaxista ( Chus Amoedo), realizar outro taller que se chamará Eros e Afrodiña que tratará sen vergoña o tema do erotismo e comezará a finais deste mes.

0 comentarios